Neste Nadal fai brillar a túa creatividade e segue coñecendo a cultura francófona a través desta actividade creativa.
Danza Africana Tania Veiga daranos a coñecer a historia e o simbolismo das tallas e máscaras africanas. Os protagonistas, coma sempre, sodes vós “as familias” que estades convidadas a crear xunto cos máis pequenos da casa “un masque africain”, elemento que caracteriza a cultura das tribus africanas.
MATERIAL NECESARIO: papel, lapis de cores, pegamento de barra, tesoiras, papel de periódico ou unha revista vella.
Actividade bilingüe galego/francés. Crea e comparte en familia!
Contáctanos: info@carballo-lisle.org
