Como ben sabedes estamos a celebrar o 25º aniversario do irmanamento entre Carballo e L’Isle Jourdain e que mellor maneira de festexar que xuntarnos tod@s o 16 de novembro. Nesta ocasión adiantamos a hora para facer un XANTAR pensado para toda a familia pois teremos incluso menú infantil. O evento terá lugar no Mesón do Pulpo de Carballo ás 14:00h e haberá na sobremesa música en vivo e en directo do grupo “Versión Imposible”. Tamén faremos sorteo de produtos franceses. E poida que haxa algunha sorpresa máis.
Prazo de reserva ata o 7 de novembro. Aforamento limitado
Reservas: Poderán recoller os seus tickets os venres 25 de outubro, 1 e 8 de novembro a partir das 20h00 no Mesón As Viandas de Carballo. Preguntar polo “café conversación francés”. E tamén o sábado 26 de outubro de 11:00 a 12:30 na biblioteca Rego da Balsa no noso Club de Lectura.