Festival galego-occitano-francés

A Asociación de Irmanamento con L´Isle Jourdain reuniuse esta mañá no Fórum de Carballo coas familias bergantiñás que acollerán o próximo 22 de abril ás familias francesas procedentes de L´Isle Jourdain dentro do programa de actividades promovidas pola Asociación.

A expedición francesa, formada por algo máis de medio cento de persoas, visitará a capital bergantiñá entre o 22 e o 26 de abril.

Carballeses e Lislois compartirán un espectáculo pluricultural o día 24 de abril ás 19h00 no que se fusionarán ámbalas dúas culturas. Participan no Festival: o Conservatorio Profesional de Música de Carballo, os grupos de baile, grupo de gaitas e grupo Frumeira da A.A. Cultural e Xuvenil Arume de Berdillo, a Coral Aire de Bergantiños, a Coral francesa guiada por Denise Avezac, a relatora Sylvie Bénito, o acordeonista francés Francis Deluc, e a cantante de ópera Bénedicte.

festgalocc2

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s