O 10 de novembro xuntarémonos na cea anual que a Asociación de Irmanamento organiza para celebrar, nesta ocasión, 24 anos de irmanamento entre Carballo e L´Isle Jourdain.
Contamos con todas as persoas que ao longo de todo este tempo colaboraron co irmanamento e animamos tamén a toda aquela xente que queira formar parte desta “Gran Familia” a que se una a nós. Brindemos xuntos por un ano máis deconsolidada amizade entre os dous pobos irmáns!Concello de Carballo // Cultura Carballo // Jumelage L’isle jourdain – Carballo
Reservas: Poderán recoller os seus tickets o venres 19 de outubro a partir das 20h00 na Cafetaría Jaque Mate de Carballo. Pregunta polo “café conversación francés”, alí estaremos!!!